ASOCIACIÓN SIN ÁNIMO DE LUCRO

martes, 1 de octubre de 2013

Pintando hortensias



Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: " Cada novo curso, nos nosos centros elabórase a cartelaría identificativa de cada espazo/aula acompañada de suxestivas imaxes arredor dun eixo común. As obras de David Hockney, instalacións do Land Art, portas, ou no presente sendeiros pola natureza, tra"
Respond to this post by replying above this line

Artigo novo en InnovArte Educación Infantil

9389_548625128528988_1791970468_n
Cada novo curso, nos nosos centros elabórase a cartelaría identificativa de cada espazo/aula acompañada de suxestivas imaxes arredor dun eixo común. As obras de David Hockney, instalacións do Land Art, portas, ou no presente sendeiros pola natureza, tratan de personalizar cada porta en función dos gustos, características ou afeccións de cada unha das persoas que ocupamos eses espazos. Dá para moito xogo, para traballar cos cativas e para algunha que outra interpretación por parte dos adultos.
Á nosa aula correspondeulle un sendeiro entre hortensias. Así, os nenos/as sabedores de que é unha das flores preferidas da súa mestra, nestes días sorpréndennos con fermosos ramos delas. A elevada temperatura do centro non permite que duren moito, polo cal pensamos de que modo poderíamos conservalos ao longo do curso. Secalas é unha posibilidade e pintalas, outra.
Tras observalas con detemento, decátanse de que non é cousa doada representar a gama de cores presente nos milleiros de flores que integran as hortensias. Buscamos información na rede e vemos que hai quen as pinta cun dedo (auténticos virtuosos).
Este é o resultado.
Hortensias
Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira | 01/10/2013 ás 06:54 | Etiquetas: C. cultural e artística | Categorías: CativArte | URL: http://wp.me/pN3u5-1Qe
Comentario    See all comments



No hay comentarios:

Publicar un comentario